Pastel de Escarapote no Auditorio de Cerdedo

A peza da unidade de produción da EMAE, Pastel de escarapote, representarase mañá sábado no auditorio Municipal de Cerdedo a partir das 19.00h, seguindo a xira que levou a peza a terras portuguesas hai unhas semanas.

 

 

 

 

Novas actuacións da EMAE

Este vindeiro venres comezará unha pequena xira da unidade de produción da EMAE que levará Pastel de escarapote a Callobre o día 17 de febreiro ás 20.00h, a Braga o día 24 de febreiro e a Cerdedo o domingo 18 de marzo. Pola súa banda, Os males que fai o tabaco visitará a parroquia de Lamas o sábado 4 de marzo. Vémonos no Teleclub de Callobre!