Os pasos que debes seguir para inscribirte son ben sinxelos:
1-Facede unha preinscrición chamando aos teléfonos 647 411 970 ou 986 573 601.
2-No caso de que dispoñades de praza, a finais de setembro convocarásevos para unha xuntanza de inicio de curso onde se vos asignarán horarios e profesorado.
3-Nesta xuntanza, daránsevos os impresos de inscrición. Cando os cubrades, teredes ata finais de novembro para efectuar o pagamento da matrícula que poderedes aboar en dous prazos. Os novos alumnos disporedes de dúas clases de cortesía, sen custo ningún, antes de efectuardes o dito pagamento.
4-Os alumnos matriculados no exercicio 2024-2025 tedes a vosa praza garantida. Os novos optaredes a unha en función da dispoñibilidade de prazas que haxa.
IMPORTE DO CURSO
1-O custo do curso completo é de 96 euros para os grupos Infantil, Xuvenil e Danza +40 e de 120 euros para o grupo de Adultos.
2-O importe do curso poderase aboar nunha soa partida (ao longo do mes de novembro) ou podedes fraccionalo en dúas liquidacións (a primeira metade durante o mes de novembro e a segunda durante o mes de marzo.
3-Os socios ou familiares directos de socios da Asociación de comerciantes da Estrada (ACOE) dispoñedes dun desconto dun 30% no prezo da matrícula.
4-Os familiares directos (fillos ou irmáns) de alumnos que xa estean matriculados na Escola só pagaredes a metade do importe da matrícula.
5-Aquelas mulleres pertencentes a unha asociación de mulleres residente no Concello da Estrada terá un desconto do 30% no importe da matrícula. Deberá acreditar, en todo caso, a súa pertenza á dita asociación.
GRUPOS
- Grupo de Adultos (a partir de 18 anos): Mércores 21.00h (Teatro Principal)
- Grupo de Danza-Teatro (+40 anos): Mañá do sábado (Aula Mercado / Teatro Principal)
- Grupo Infantil (7-11 anos): Mañá do sábado (Aula Mercado / Teatro Principal)
- Grupo Xuvenil (a partir de 12 anos): Mañá do sábado (Aula Mercado / Teatro Principal)
*Os horarios previstos para o curso 2025-2026 están pendentes de confirmación