A EMAE en xira

A Unidade de Produción da EMAE está a xirar os espectáculos Pastel de escarapote e Sobre o mal que fai o tabaco polas parroquias estradenses. Hoxe venres ás 20.30h, no local do Outeiriño de Guimarei e o domingo ás 18.30h no local do Seixo en San Miguel de Castro volveremos a gozar da comedia Pastel de escarapote dirixida por Marian Bañobre.

Pola súa banda, o monólogo de Chejov, protagonizado por Gonzalo Valcárcel, estará o vindeiro sábado día 5 ás 19.00h na parroquia de Arca que celebra no seu local social o seu tradicional magosto.

A EMAE estrea "PASTEL DE ESCARAPOTE"

emae obra2022

Este sábado día 8 ás 21.00h e o domingo ás 19.00h, a unidade de produción da Escola estrea a produción Pastel de escarapote, unha comedia de conflitos de parellas adaptada por Santi Cortegoso e dirixida por Marián Bañobre.

No reparto figuran Chelo do Rejo, Anabell Gago, José Antonio Valcárcel, Pablo Chichas e Cristina Andrade, coa compaña dos músicos do Obradoiro Carlos Barruso Juan Núñez, Manuel Castedo e Pablo Bernárdez.

Todos os alumnos/as da Escola estades convidados a asistir. Os demais deberán mercar a súa entrada no Concello ou Calzados A Esquina.

Animádevos a pasar un rato divertido connosco!