A EMAE despide o ano con actuacións en Cora e San Miguel de Barcala

emae cora

Este pasado venres, o espectáculo Celtas con filtro, interpretado por Fran Campos, Fina Raposo, Ademar Silvoso e Nono, despediu o ano cunha actuación en San Miguel de Barcala. Antes fixo o mesmo no local social de Cora. Dous eventos que se encheron de público para gozar desta irreverente comedia producida polo alumnado e profesorado da Escola de Artes Escénicas. A peza seguirá a xirar o vindeiro ano por distintas parroquias estradenses.

A lenda de Montelongo triunfa na súa estrea no Principal

emae montelongo2

A zarzuela A Lenda de Montelongo, estreada este pasado sábado pola EMAE, o Conservatorio de Música Profesional da Estrada, Tequexetéldere e a Coral Polifónica Estradense puxo o patio de butacas en pé  setenta e dous anos despois da súa última escenificación na Estrada. Unha velada onde o talento estradense, acompañado polo labor dos solistas Indra Sesti e Jacobo Rubianes e a dirección de Julio Cores e Xabier Comesanha, acadou a aclamación unánime do público que encheu o Teatro Principal. Noraboa a todos e todas as participantes!