Volvemos co roteiro ás rúas da vila!

emae9

Este sábado ás 11.00h e ás 12.00h en tres quendas volvemos repetir o roteiro Cronoestrada polas rúas da vila. Achégate á praza da Feira e vive unha experiencia única! Un roteiro que vos conducirá á historia que agochan moitos recunchos da nosa vila.

O curso 25-26 ergue o pano!

matricula emae

Este vindeiro luns día 11 de agosto, a EMAE abre o prazo de inscrición de novo alumnado. Se tes máis de 6 anos, achégate e saca o actor ou actriz que levas dentro. Disporás de dúas clases de proba. O curso dará comezo en outubro. Chámanos e reserva a túa praza. Máis información no teléfono 986573601.