Unidade de Produción da EMAE

  

MEMORIA DE ESPECTÁCULOS REALIZADOS

 

1-Criaturas (Grupo de adultos, estrea o 21 e 22 de xuño do ano 2008 no Teatro Principal)

Texto escrito por Sergi Belbel e dirixido por Anabell Gago. Contou coa presenza actoral de Gonzalo Valcárcel, Ánxela Sanmartín, Fran Campos, Mercedes Martínez, Mª Jesús Sánchez, Pablo García, Antía Regueira, José  Luis Valcárcel, Fran Ameixeiras, Lorena Rozados, Sali Torres e Celeste Tato. Este espectáculo foi premiado no I Festival de Teatro non Profesional de Cuntis co 2º premio (2009).

Fotos

 

 

2-A ruleta rusa (Grupo de adultos, estrea o 23 de setembro de 2011 en Vilagarcía de Arousa)

O texto está baseado en distintos escritos de Anton Chejov. Dirixida por Xosé Lueiro, a obra está interpretada polos actores Sali Torres, Antía Regueira, Ánxela Sanmartín, Gonzalo Valcárcel, Toño Pena, Eva Iglesias, M.ª Jesús Sánchez eMercedes Martínez.

Fotos

 

 

3-Voa (Grupo xuvenil e de adultos, estrea o 18 de febreiro de 2017 no Teatro Principal da Estrada)

Texto orixinal de Xosé Neira Vilas, adaptado por Ana Carreira que conta coa colaboración dos bailaríns, cantareiras e músicos de Tequexetéldere. Un musical que serviu para homenaxear ao autor de gres (asiduo colaborador da escola) e para celebrar o 15 aniversario da EMAE.

Fotos

 

 

4-Contiños da terra (Grupo de adultos + Juan Ruibal + cantareiras de Tequexetéldere / estrea o 27 de abril de 2019 no Teleclub de Callobre)

En abril do ano 2019 estreouse a adaptación teatral da obra de Manuel García Barros Contiños da terra adaptada e dirixida por Santiago Cortegoso para a Escola Municipal de Artes Escénicas. Unha peza interpretada pr Chelo do Rejo, Fran Campos e Gonzalo Valcárcel coa colaboración do acordeonista Juan Ruibal e a achega das cantareiras de Tequexetéldere que formou parte da programación da Semana de Convergèncias Culturais Galiza-Portugal realizada en Braga. Foi unha iniciativa que conmemorou o XXX aniversario de novela Manuel García Barros e coa que a Escola de Artes Escénicas axudou a difundir a memoria e a obra do autor estradense por toda a xeografía galega.

Fotos

 

 

5-Sobre o mal que provoca o tabaco (estrea o 23 de outubro de 2020 no Teatro Principal da Estrada)

Espectáculo do mestre Anton Chejov, dirixido por Santi Cortegoso e protagonizado por Gonzalo Valcárcel no papel de Niujin Stepanovich. Colaboran os músicos do OMMCB Juan Núñez (clarinete), Pablo Bernárdez (guitarra) e Manuel Castedo (contrabaixo). A montaxe levou o 3.º premio da Mostra de Teatro Afeccionado Uxío Labarta de Mos, certame no que o actor estradense Gonzalo Valcárcel acadou o premio a mellor actor.

Fotos   Vídeo

 

 

6-Pastel de escarapote (estrea o 8 de outubro do ano 2022 no Teatro Principal da Estrada)

Dirixida por Marián Bañobre e interpretada por Chelo do Rejo, Anabell Gago, Pablo Chichas, José Antonio Valcárcel, Cristina Andrade, e os músicos do OMMCB Juan Núñez, Manuel Castedo e Pablo Bernárdez; Pastel de escarapote é unha comedia inspirada en textos de Woody Allen que retrata a disparatada interrelación entre dúas parellas. A peza estreouse o 8 e 9 de outubro do ano 2022 no Teatro Principal da Estrada.

Fotos   Vídeo

 

 

7-Un médico na aldea (estrea o 24 de febreiro de 2024 en Braga, Portugal)

Dirixida e adaptada por Santiago Cortegoso a partir do libro Un médico na aldea de Manuel Reimóndez Portela, a peza está interpretada polos actores e actrices Lorena Rozados, Gonzalo Valcárcel, Chus Picallo, Chus Sánchez, Sheila Carbia, José Antonio Valcárcel,  Silvia García, Abel Eiras, Julio Cores e Fran Campos, acompañados polas cantareiras, músicos e bailaríns de Tequexetéldere. Con este musical a EMAE e Tequexetéldere réndenlle homenaxe Manuel Reimóndez Portela e Luis Reimóndez Fernández que fixeron da súa práctica profesional un exemplo de vocación e fraternidade sen límite. Tanto no eido da medicina humanista o primeiro, coma no ámbito cultural o segundo, deixaron tras de si un legado de coñecemento, tolerancia e xenerosidade imborrables para todos e todas cantos tivemos a honra de coñecelos.

 

 

8-Carme, o musical (estrea o 17 de maio de 2024 no Teatro Principal da Estrada)

Escrita por Manuel Brey, esta peza foi musicada por Simón Couceiro e interpretada pola Banda Municipal da Estrada con dirección de Álvaro Varela. A parte teatral foi dirixida por Xosé Lueiro e interpretada polos actores Abel Eiras, Silvia García e Mateo Pereira. O musical conta, en clave epistolar, a historia de amor entre Carme e Manuel, no difícil contexto da emigración de principios do século XX.