A EMAE participa no IV Festival de danza 6 Coreógrafas

6coreagrafas

Este pasado sábado, os grupos Infantil, Xuvenil, Adultos e Danza +40 participaron nos distintos obradoiros que se impartiron na programación do IV Festival de danza e artes do movemento 6 Coreógrafas. Tamén asistimos pola tarde, aos espectáculos de Elahood, Raquel Ferreiras, La Guajira e ao espectáculo que Marta Alonso realizou no Teatro Principal.

 

Joan Estrader dirixe á unidade de produción da EMAE

joan estrader

 Esta pasada semana, o actor catalán Joan Estrader comezou a traballar á fonte da unidade de produción da EMAE nun espectáculo de creación colectiva cos actores Fran Campos, Arturo Cobas "Nono", Fina Raposo e Ademar Silvoso. Tras un primeiro pase para alumnado da Escola o xoves día 3, o espectáculo estrearase a primeiros de ano no Teatro Principal da Estrada.