Éxito do roteiro escénico de fin de curso!!!

roteiro emae1

Este pasado sábado, a EMAE saíu á rua para celebrar a súa fin de curso. Catro espectáculo que congregaron a preto dun milleiro de persoas na rúa e que serviu para vivir unha xornada de confraternidade intensa e chea de risos e emocións. Noraboa a todos e todas as participantes!!!

 https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2024/06/02/calle-hizo-103224993.html

A EMAE despide o curso cun roteiro escénico

emae2

Este sábado, en plena Feira da Sidra, sairemos á rúa para despedir o curso 23-24. Ás 11.00h na zona de xogos da Alameda municipal será o grupo Infantil quen poña en escena a peza Exploración espacial. Ás 12.00, na praza do Novo Mercado, tomará o relevo o Grupo Danza-Teatro +40 para poñer en escena o espectáculo Menos-Pausa. Xa en horario de tarde, ás 18.00h, será o grupo Xuvenil quen represente a peza titulada Stop, e para rematar a xornada, a iso das 19.00h, o Grupo de Adultos porá en escena a obra titulada Voda Con Trastes. Non volo perdades. Quedades todos e todas convidadas!