A EMAE celebra con éxito o seu XX Aniversario

Cabeza de dragona2

Despois dun duro proceso de ensaios, o esforzo pagou a pena. As 70 persoas participantes na montaxe A cabeza da dragona, dirixida por Anabell Gago coa colaboración coreográfica e de movemento de Paula Quintas e Arturo Cobas, converteron este clásico de Valle Inclán nun auténtico exitazo.

Con preto de 550 persoas asistentes entre os dous días (3 e 4 de xuño), o resultado final estivo á altura do que ocasión tan especial demandaba.

Tamén o corpo musical formado por alumnos do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso e do Conservatorio de Música de Vilagarcía axudou a facer da montaxe unha vivencia multisensorial que rematou por poñer en pé o patio de butacas. Noraboa a todos os alumnos e alumnas da EMAE.

Noraboa ao seu profesorado e noraboa a todos cantos axudastes a facer deste XX Aniversario unha efemérede inolvidable.

A EMAE celebra o su XX aniversario cunha exhibición conxunta

cabeza dragona granA Escola Municipal de Artes Escénicas celebrará esta vindeira fin de semana o seu XX aniversario cunha exhibición conxunta de todos os seus grupos (adultos, xuvenil, infantil e Teatro Danza), subindo a preto de 70 persoas ao escenario. A peza, que leva por título A CABEZA DA DRAGONA é unha farsa distópica baseada na obra de Valle Inclán.

A parte teatral está dirixida por Anabell Gago, Paula Quintas e Arturo Cobas. A parte musical está composta e dirixida por Jorge Ortal. Colabora coa montaxe, o Taller de Teatro Clámide de Vilagarcía. Durante o acto, a escola realizará unha lembranza de homenaxe a Lola Puente.

As entradas, que teñen un custo de 3,00€, poderán retirarse no departamento de Cultura do Concello da Estrada ou no despacho de billetes do Teatro Principal, media hora antes da función.