A EMAE e ACOE rubrican un novo convenio

Firma convenio ACOE EMAE
Juan Constenla Carbón, en calidade de vicepresidente da Fundación Cultural da Estrada, entidade á que pertence a Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) e Alfredo González, presidente da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) asinaron hoxe un novo convenio de colaboración mediante o cal todos os asociados e asociadas de Acoe, ademais dos familiares directos destes, gozarán dun 30% de desconto na matrícula dos cursos da Escola de Artes Escénicas. O convenio entrará en vigor durante todo este ano lectivo con carácter prorrogable durante exercicios posteriores. Coa sinatura deste convenio, a EMAE segue co seu obxectivo de tender pontes de colaboración con distintos colectivos estradenses e a ACOE incentiva e promove a práctica escénica entre os seus asociados e asociadas.

O actor Joan Strader impartirá para a EMAE un taller de “Humor para torpes”

taller teatral emae

A Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) saca 10 prazas para o taller de Humor para torpes, impartido polo actor catalán Joan Strader que terá lugar os días 2 e 3 de decembro, un taller baseado na cración do gag cómico.

O taller estrutúrase en catro partes: A búsqueda do simple, deconstruír e construír, creatividade para crear pezas únicas e orixinais e consciencia a través do risco de atreverse a fracasar.

Comezará o venres día 2 no Museo do Moble e da Madeira de 16.30h a 20.30h, continuará o sábado no Teatro Principal de 10.30h a 13.30h e rematará a tarde do sábado cunha exhibición aberta ao público a partir das 20.00h.

O prezo do taller é de 30,00€. Todos os interesados/as poden dirixirse ao departamento de Cultura do Concello da Estrada ou chamar ao teléfono 986573601.