A Escola Municipal de Artes Escénicas, organizadora do certame de teatro Varela Buxán, convida a asistir a todos os teatreiros estradenses á entrega do premio 2015, programado para este vindeiro mércores día 2, ás 21.00 horas no Teatro Principal da Estrada. No acto faráselle entrega a Ana Carreira da publicación gañadora no certame 2014 e a continuación pecharase o acto coa entrega do premio 2015 a Marcos Abalde e cunha lectura dramática dunha escena da obra gañadora.

Animádevos e acompañádenos!!!

 

 

Comunicámosvos que as clases dos grupos infantís e xuvenís, por mor das festas de nadal, reanudaranse o día 4 de xaneiro á hora de costume.