Todos aqueles alumnos da escola que teñan fragmentado o pago da matrícula, deberán aboar a segunda parte do pago durante o vindeiro mes de marzo. Poden solicitarlles os impresos ao profesorado respectivo. 

 

 

 

A Escola Municipal de Artes Escénicas, organizadora do certame de teatro Varela Buxán, convida a asistir a todos os teatreiros estradenses á entrega do premio 2015, programado para este vindeiro mércores día 2, ás 21.00 horas no Teatro Principal da Estrada. No acto faráselle entrega a Ana Carreira da publicación gañadora no certame 2014 e a continuación pecharase o acto coa entrega do premio 2015 a Marcos Abalde e cunha lectura dramática dunha escena da obra gañadora.

Animádevos e acompañádenos!!!