Este vindeiro venres todos os alumnos da Escola, que así o desexen, poderán asistir de balde ao pase da nova obra da compañía Ibuprofeno Teatro, simplemente presentando o seu respectivo carné na billeteira do teatro.

O FURANCHO está escrita e dirixida por Santiago Cortegoso e protagonizada por Isabel Risco e Marian Bañobre. Será as 21.00 horas no Teatro Principal. Non vola perdades!

 

 

Os grupos Infantil (10 - 12 anos) e Xuvenil (13 - 14 anos) cambiarán a clase do sábado 19 de marzo para o mércores 23 no horario de costume. A clase do día 26 pasarase á súa vez para o luns 28 de marzo no horario habitual.