Este vindeiro sábado no Teatro Principal terá lugar ás 11.00hs a presentación do novo curso da Escola Municipal de Artes Escénicas.
 
Os grupos convocados serán os INFANTIL 1 e INFANTIL 2, e os XUVENIL 1 e XUVENIL 2.
 
Na reunión daranse a coñecer, entre outra información, os horarios e profesorado do curso que comeza.
 
 
 
 

O vindeiro sábado 17 de outubro botará a andar o grupo xuvenil 1 (+14 anos) da man de Arturo Cobas (Nono). Será no Teatro Principal ás 11.00 horas. Lembrade que aínda está aberto o prazo para inscribirse neste grupo.