A xerencia da EMAE informa que, a partir de mañá e ata o 6 de novembro, ofertaranse cinco prazas para o grupo de adultos, correspondentes ao exercicio lectivo 2020-2021. Prazas que se outorgarán segundo a orde de inscrición.

Todas aquelas persoas maiores de 18 anos, interesadas en iniciarse na práctica escénica, poderán optar a unha destas prazas chamando ao teléfono 986573601 ou mandando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Impartidas pola actriz Anabell Gago, as clases teñen lugar todos os mércores de 21.00 h a 23.00 h no Teatro Principal, e prolongaranse ata finais do mes de maio, cun custo mensual de 15,00€. O curso lectivo rematará coa montaxe dun espectáculo teatral, que se estreará no teatro a primeiros do mes de xuño.

 

 

 

Será o vindeiro venres día 23 no Teatro Principal ás 21.00 h, aínda que un día antes farase unha preestrea con alumnos da propia Escola. Adaptada e dirixida por Santiago Cortegoso e interpretada por Gonzalo Valcárcel, e tres músicos do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso (Pablo Bernárdez, Juan Núñez e Manuel Castedo), Sobre o mal que fai o tabaco é un monólogo de Antón Chéjov escrito en 1886 que reflicte ese momento da vida no que un procura inutilmente a felicidade. O texto refórzase con outros fragmentos de contos do autor ruso e diversas pezas musicais, ata completar unha obra de preto de 50 minutos de duración. Recolle o teu convite no Dpto. de Cultura do Concello da Estrada. A capacidade da sala verase limitada a un máximo de 99 espectadores.
 
CARTEL FINAL emae