Hoxe ás 21.00 h, erguerá o pano lectivo o grupo de adultos da EMAE, da man de Anabell Gago. As clases desenvolveranse os mércores ás 21.00 h.  Por outra banda, a unidade de produción da EMAE reunirase hoxe para comezar a traballar nun espectáculo que estará dirixido polo director e actor de Talía Teatro, Artur Trillo, un dos primeiros profesores da Escola de Artes Escénicas. O espectáculo, de corte clásico, estrearase na primavera próxima.
 
 
 
 
 
 
Convocado pola Escola de Artes Escénicas da Estrada e a Fundación Cultural, o VIII Premio de textos teatrais Varela Buxán abre o prazo de admisión de exemplares para a súa oitava edición que finalizará o 30 de outubro. Podedes revisar as bases premendo aquí.