O vindeiro curso da Escola de Artes Escénicas erguerá o pano o vindeiro mes de outubro. Actualmente, xerencia e profesorado están a traballar nun protocolo de seguridade no que se enmarcará boa parte do curso 2020-2021, sempre e cando a situación sanitaria permita o seu normal desenvolvemento. Xa podemos confirmar o regreso da profe de danza Paula Quintas, que xunto a Arturo Cobas "Nono", Anabell Gago e Xosé Lueiro conformarán ao proxecto docente. Unha gran nova, a do regreso de Paula, da que nos aledamos todos. Os alumnos que causen baixa deberán poñerse en contacto co número 986573601 do Departamento de Cultura do Concello da Estrada.
 
Para acceder á información completa, prema aquí (vídeo).
 
 
 
 
 
 
Lamentablemente, a pandemia que está a afectarnos, obríganos a cancelar de forma DEFINITIVA as clases da Escola Municipal de Artes Escénicas pertencentes ao exercicio 2019-2020.
 
Todo o alumnado matriculado neste curso quedará automaticamente inscrito para o seguinte que dará inicio en outubro. Aqueles alumnos que teñan aboado o importe completo deste curso disporán dunha rebaixa proporcional aos meses que non deron clase no importe da matrícula do vindeiro exercicio lectivo.
 
Unha aperta e moita saúde para todos!