Este vindeiro sábado comezarán as súas clases os grupos xuvenís da Escola. Ás 10.15h están citados os alumnos do grupo xuvenil 2 (11-13 anos), e ás 12.00h será o grupo xuvenil 1 (13-16 anos) quen tome o relevo. Moita merda a todos!!!

 

 

Un ano máis, e por quinto ano consecutivo, a Asociación de Comerciantes da Estrada e a Escola de Artes Escénicas suscriben o convenio que lles permitirá aos socios, e familiares directos dos socios de ACOE; beneficiarse dun 30% de desconto no pago do importe da matrícula.

Paralelamente Escola e Asociación manterán abertas outras liñas de actuación que fructificarán en distintas iniciativas que servirán para promocionar o comercio e a vida teatral da vila.