Ata final do mes de marzo, o alumnado poderá realizar o pagamento do segundo prazo da matrícula na sucursal de ABANCA en Calvo Sotelo 9. A cantidade estipulada para o grupo de adultos é de 60,00€ e para os grupos infantil e xuvenil de 48,00€. Poderedes solicitarlle ao profesorado a instancia de pago.

 

 

Este vindeiro mércores ás 20.30h no Teatro Principal terá lugar a entrega do IV Premio de Teatro MOME "Varela Buxán" que lle será outorgado á actriz e dramaturga luguesa Ana Mª Carreira pola obra "Un intre antes do solpor".
 
No acto terá un lugar de relevancia a Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada, quen por medio dos actores Lola Puente e Gonzalo Valcárcel, fará lectura dunha escena da obra gañadora.
 
Ao remate do acto, que contará cunha duración estimada de 30m, o gañador do ano pasado, Santi Cortegoso, faralle entrega a todos os asistentes dun exemplar do seu "Smoke on the water".
 
Non faltedes!!