LUNS 22, 20.30h
Grupos Infantís EMAE
Os dous grupos infantís únense para poñer en escena 101 DÁLMATAS. Un divertido musical interpretado por vintecinco nenos de entre seis e dez anos que terá lugar o vindeiro luns día 22 ás 20.30h. Colabora nas coreografías a Escola de Baile Sondodance a través das súas profesoras Irene Gago e Carla Díaz.
XOVES 25, 20.00h
Grupo Xuvenil 2 EMAE
En plenas festas de San Paio, tomarán o relevo, os 18 alumnos do Grupo Xuvenil 2 para poñer en escena ás 20.00h o musical de GREASE. O clásico, ambientado nos anos 50 e interpretado por John Travolta e Olivia Newton-John, contará tamén coa colaboración nas coreografías de Montse Barcala (Sondodance).
MARTES 30, 20.30h
Grupo Xuvenil 1 EMAE
O día 30 ás 20.30h é o día elixido para que o Grupo Xuvenil 1 poña en escena PIM PAM CLOWN, un espectáculo de creación colectiva interpretado por 16 alumnos que incluirá sketchs traídos do mundo do mimo e pequenas pezas dialogadas relacionadas co absurdo da guerra e da violencia. A peza está dirixida polo profesor Arturo Covas “Nono”.
Todas as pezas serán gratuítas ata cubrir aforo.
Este vindeiro domingo 31 de maio ás 20.30 horas no Teatro Principal terá lugar a estrea de "Ópera Pánica. Cabaret tráxico" a cargo do grupo de adultos da EMAE.
A montaxe recolle unha selección dalgúns fragmentos da obra de Alejandro Jodorowsky. Un espectáculo apocalíptico que trata sobre os usos e abusos do poder que levan á humanidade á súa autodestrución. Todo isto aderezado cun sentido do amor acedo e amargo.
A peza está dirixida por Anabel Gago e interpretada polos 17 alumnos do grupo de adultos da EMAE.
Non faltes!!!!
Hora: 20.30 h
Entradas: gratuíta
Xénero: comedia