"Un médico na aldea" triunfa en Vilagarcía de Arousa

emae medico

A emblemática peza de Reimóndez Portela pechou a súa singradura no auditorio de Vilagarcía diante de 400 persoas que aclamaron a peza dirixida por Santi Cortegoso e interpretada pola EMAE e Tequexetéldere. Tras 10 actuacións, a obra revelouse coma unha das montaxes máis exitosas da historia da Escola de Artes Escénicas e do teatro estradense chegando a facer sete pases a teatro cheo.