O alumnado da EMAE charla con Náufrago Teatro

emae naufrago teatro2

 Tras asistir á función de Hugo, interpretada por Náugrafos Teatro, todo o alumnado da EMAE dos grupos infantil e xuvenil participou nunha charla cos actores María Roja e Jimmy Núñez. Durante a mesma, os asistentes tiveron oportunidade de coñecer por boca do reparto da obra, todos os pormenores que levaron a esta peza a ser galardoada co premio María Casares ao mellor espectáculo infantil do ano 2022.