I Mostra de Artes Escénicas da Estrada

emae mostra

Hoxe ás 20.00h botará a andar a I Mostra de Artes Escénicas da Estrada coa participación do grupo Picariños. Será ás 20.00h no Teatro Principal coa peza Do revés.

Mañá, en 6 pases programados para as 11.00h e 12.00h da mañá, o Grupo de Adultos da EMAE ateigará as rúas da Estrada co roteiro teatral Cronoestrada.

Tamén mañá sábado ás 20.00h, no Teatro Principal, o Grupo Xuvenil porá en escena Grease, o musical. Pechará esta Mostra o Grupo de Danza+ coa peza As horas invisibles o domingo ás 19.00h no Teatro Principal.