Este vindeiro sábado día 22 ás 20.30h, a peza _Sobre o mal que provoca o tabaco_, protagonizada por Gonzalo Valcárcel e musicada por Juan Núñez, Pablo Bernárdez e Manuel Castedo formará parte da programación da Mostra de teatro amador de Vedra, Teatrofilia. Estamos encantados de participar nunha das máis grandes mostras de teatro afeccionado de Galicia.