A EMAE estará presente no Festival das Convergências de Braga
Será este venres día 14 ás 21.30h na Junta da Freguesia de Nogueiró (Braga) coa peza Sobre o mal que provoca o tabaco, interpretada por Gonzalo Valcárcel e musicada por Pablo Bernárdez, Manuel Castedo e Juan Núñez. Un enorme orgullo para EMAE, formar parte, un ano máis, da carteleira dun festival tan importante para o mundo lusófono.