Será este sábado ás 20.00h e o domingo ás 19.00h. As dúas escolas súmanse aos actos de homenaxe a Avelina Valladares no ano do seu bicentenario. Os seráns en Vilancosta é un musical escrito e dirixido por Santiago Cortegoso interpretado por máis de 50 artistas que servirá para poñer en valor o legado que a cantora da Ulla espallou por toda Galicia. As entradas da peza poden retirarse no Dpto. de Cultura a un prezo de 3,00 euros.