
Este sábado día 3 de maio a EMAE iniciará a súa andadura no ciclo UN CÓMICO NA ALDEA coa peza Celtas con filtro. Será en Orazo ás 20.00h. O día 10 de maio, ás 20.00h, será a obra Sobre o mal que provoca o tabaco a que visite o teleclub de San Miguel de Castro. Xa o día 31 de maio, ás 20.30h, Celtas con filtro volverá a actuar no local social de San Xurxo de Vea. E no mes de xuño, o domingo 15, será a peza Sobre o mal que provoca o tabaco a que visite o local social de Tabeirós.