O musical Carme, sempre túa triunfa no teatro Colón

Carme Teatro Colon

O musical realizado onte pola EMAE, con música de Simón Couceiro e texto de Manuel Brey, foi un dos eventos programados polo Concello da Coruña dentro da programación das Letras Galegas nun Teatro Colón cheo de público. A peza recibiu a ovación unánime de todo o patio de butacas. Unha actuación que se suma á realizada a pasada semana en Agolada e que tamén colleitou o aplauso aunánime do público.