Será este vindeiro sábado día 9 de maio en terras de Agolada xunto á Banda municipal da localidade e o vindeiro domingo 17 de maio no Teatro Colón da Coruña xunto á Banda Municipal da Coruña. O musical escrito por Manuel Brey, composto por Simón Couceiro e interpretado polos actores Abel Eiras, Silvia García e Mateo Pereira rematará o seu exitoso percorrido en dous dos mellores teatros galegos.
