
A escola Municipal de Artes Escénicas dedicará o seu final de curso 25-26 a homenaxear a figura de Virxinia Pereira coa estrea dunha mostra titulada A muller que debuxou a Castelao e que consta de catro pezas que xiran ao redor do universo de Castelao e da figura da súa muller, Virxinia Pereira, á que este ano o Concello da Estrada dedica o seu ano cultural. As pezas son as que seguen:
-O 29 de maio ás 20.30h, no Teatro Principal, terá lugar a estrea da peza Lela, Leliña, Lela inspirada en Os vellos non deben de namorarse que racha cos estereotipos do amor romántico. Unha peza que estará interpretada polo Grupo Xuvenil da EMAE dirixido por Fran Campos.
-O domingo 31 de maio ás 20.00h, no Teatro Principal, terá lugar a estrea da peza A voz de Virxinia que recolle distintos momentos da vida desta muller estradense, muller de Castelao. A peza, interpretada coa técnica da máscara, correrá a cargo do Grupo de Adultos da EMAE e está dirxida por Anabell Gago.
-O venres 5 de xuño ás 19.30h, tamén no Teatro Principal, tomará o relevo o Grupo Infantil da EMAE que porá en escena a coñecida obra de Castelao Un ollo de vidro coa técnica de luz negra. A peza está dirixida por .
-O domingo 7 de xuño ás 19.30h, no Teatro pr4incipal, pechará a Mostra a peza Cousillas que fará unha relectura da obra Cousas de Castelao en clave danza-teatro. A obra estará interpretada polo grupo de Danza +40 da EMAE e con dirección de Paula Quintas, Antía Vidal e Arturo Cobas
A entrada aos espectáculos será libre ata completar a capacidade da sala.
