
Mañá sábado ás 12.30h A EMAE participará no acto en homenaxe ao 150 aniversario de Manuel García Barros no Areal de Berres escenificando un par de fragmentos da peza Os seráns en Vilancosta. Contaremos coa presenza dos actores Abel Eiras, Chus Picallo e Toño Pena en tan emotiva distinción organizada polo Recuncho da Lingua. No acto inaugurarase unha peza escultórica en homenaxe a Manuel García Barros, Avelina Valladares e Marcial Valladares. Animádevos a acompañarnos!
