Debido ás medidas adoptadas pola Xunta de Galicia que onte entraron en vigor, acaban de comunicarnos que non poderemos desenvolver a clase de teatro con máis de 4 alumnos; polo que nos vemos obrigados a suspender a sesión desta fin de semana á espera de regularizar o normal transcurso da actividade. A semana próxima, de persistir esta situación, intentarase artellar un plan alternativo que lles permita aos cativos seguir recibindo as súas clases. Perdoade polas molestias!
 
 
 
 

A xerencia da EMAE informa que, a partir de mañá e ata o 6 de novembro, ofertaranse cinco prazas para o grupo de adultos, correspondentes ao exercicio lectivo 2020-2021. Prazas que se outorgarán segundo a orde de inscrición.

Todas aquelas persoas maiores de 18 anos, interesadas en iniciarse na práctica escénica, poderán optar a unha destas prazas chamando ao teléfono 986573601 ou mandando un correo a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..

Impartidas pola actriz Anabell Gago, as clases teñen lugar todos os mércores de 21.00 h a 23.00 h no Teatro Principal, e prolongaranse ata finais do mes de maio, cun custo mensual de 15,00€. O curso lectivo rematará coa montaxe dun espectáculo teatral, que se estreará no teatro a primeiros do mes de xuño.