Mañá mércores, o Grupo de Adultos da EMAE ergue o pano do curso lectivo 2020-2021, un curso marcado pola difícil conxuntura sanitaria que estamos a vivir; pero que non mingua a ilusión por seguir a facer do escenario un lugar de encontro, tanto co público como cos nosos propios soños. O 17 de outubro, sábado, será a quenda dos grupos infantís e xuvenís. Coa responsabilidade de todos, faremos do Teatro un lugar seguro.
O PREMIO DE TEATRO VARELA BUXÁN GALARDOA A FERNANDO EPELDE
Detalles
Foi onte, despois de que a situación sanitaria obrigase a cancelar o acto de entrega previsto para o pasado mes de marzo, cando o VII Premio de Teatro Varela Buxán, organizado pola Escola Municipal de Artes Escénicas, entregou o seu galardón ao dramaturgo Fernando Epelde pola obra Engadir auga e esperar. Foi no transcurso dunha rolda de prensa na que participaron, ademais do autor premiado, o vicepresidente da Fundación Juan Constenla e o gañador da sexta edición do premio Fernando Castro ao que se lle fixo entrega do libro editado.