A EMAE asistirá á preestrea de Nina Ninette


CARTEL NINA NINETTE AGADIC
Será ás 11.00 h este vindeiro sábado 6 de marzo. O Teatro Principal abrirá as súas portas para gozar da nova peza da compañía Traspediante na que traballa a nosa profe Paula Quintas. Unha proposta que revisa o mito da Cincenta en clave de igualdade cunha proposta visual ambientada na estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer (Bauhaus, 1922). Antes da peza, o elenco técnico dirixiralle ao alumnado unhas palabras sobre distinas premisas da montaxe. Agardamos impacientes esta preestrea!

Comunicado

Adobe Acrobat Reader iconDescargar pdf.