A EMAE suspende as clases ata o 3 de febreiro

A EMAE lamenta comunicarvos que, debido ao empeoramento da situación sanitaria na vila, cancelaranse as clases ata o día 3 de febreiro. Non é unha decisión doada para nós, pero agardamos que pasado este novo pico de contaxios, poidamos retomar as clases con relativa normalidade. Grazas pola vosa comprensión e compromiso! Ánimo a todos!