A EMAE entrega a 8ª edición do Premio Mome de Textos teatrais

Será este vindeiro mércores día 22, na sala de Xuntas, nun acto no que participarán o presidente do xurado Santiago Cortegoso, a concelleira de Educación Amalia Goldar e o autor premiado José Luis Baños de Cos pola obra Segunda morte. O premio consistirá na entrega dun cheque por un importe de 1.200 euros.

 

 

O grupo de danza +40 estrea a escena!

 GRUPO DANZA
Este vindeiro domingo ás 20.00h, o Grupo de Danza +40, composto por 16 integrantes, levará a cabo a súa exhibición de fin de curso. Un espectáculo titulado Xogos atemporais que terá lugar no Teatro Principal da Estrada. A entrada será de balde ata completar a capacidade da sala.